X FEIRA DA CASTAÑA

Unha xornada adicada a exaltación dos produtos de outono
X Feira da castaña
Terras de Santiago » Touro
05 Novembro
10:00

As cores, cheiros e sabores de outono, en todas as súas variantes, farán as delicias de todos os que se acheguen a gozar desta especial xornada de exaltación dos nosos produtos máis típicos do outono.

Como cada ano, o concello de Touro aproveita o cambio de estación para render homenaxe a un dos seus produtos estrela, a castaña. Contando coa inestimable colaboración dos cazadores de Touro e os  seus hostaleiros, durante toda a mañá e coincidindo coa tradicional Feira do 5 poderán degustarse menús elaborados ex profeso, nos que os ingredientes principias serán os produtos da estación.

Un día para degustar castañas asadas e produtos do outono así como doces elaborados con ingredientes típicos desta estación.

Máis información en: http://www.concellodetouro.com/index.php/es/

 

Galego