X Open de pesca por parellas do río Xallas

En abril, a pesca volve ao río Xallas
X Open Pesca Río Xallas
Costa da Morte » Dumbría
13 Abril a 14 Abril

Club Salmo, en colaboración co Concello de Dumbría, organiza o X Open Internacional de pesca á mosca por parellas río Xallas. Celébrase os días 13 e 14 de abril nunha paisaxe sen igual; destaca por ser un escenario histórico e simbólico da Costa da Morte, onde o río Xallas se encaixa entre os montes en case toda a súa extensión ata a súa desembocadura como fervenza no Ézaro.

A décima edición deste open celébrase no couto Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas comprendido entre o encoro da fervenza e a desembocadura do río Beba, couto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte

O X Open do Xallas contará, ao igual que en edicións anteriores, cos deportistas máis destacados do panorama internacional, nacional e galego. Participarán o Tricampión do Mundo David Arcay (actual Campión Galego), os Bicampións do Mundo Jordi Oliveras e Pablo Castro, ou o Campión do Mundo e actual Campión de España Francisco Llamas, entre outros. O Open de pesca á mosca por parellas río Xallas, con dez edicións, xa se converteu nun dos eventos con máis prestixio a nivel nacional e internacional.

Ven gozar da pesca a Dumbría!

#DumbríaéDeporte

 

 

Galego