Xanelas do Nadal de Ortigueira

Actividade de convivencia veciñal do Nadal.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira
01 Decembro a 24 Decembro

As Xanelas do Nadal pretenden fomentar a relación entre os veciños durante os días previos á chegada do Nadal. Para elo, os veciños interesados deben apuntarse no 981 97 41 03 e escoller un dos días de decembro para ser anfitrións. Os anfitrións teñen que decorar unha ventá da súa casa e “inaugurala” o día que lles toque. A inauguración consiste en ofrecer aos veciños que se queiran pasar por alí algo quente de beber e algo de picar (cada un na medida das súas posibilidades). Deste xeito cada día de decembro haberá unha casa en Ortigueira á que se poderá acudir arredor das 20.00 para compartir un anaco de tempo con veciños mentres petiscamos algo.

As ventás de advento é un proxecto veciñal sen carácter relixioso.

Pode participar calquera veciño independentemente das súas crenzas.

Galego