Xantar 2019

Turismo da Deputación da Coruña mostrará a riqueza gastronómica da provincia na 20º edición de Xantar
06 Febreiro a 10 Febreiro

única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada da Península Ibérica, Xantar, será unha vez máis o escenario onde os visitantes experimentarán unha viaxe entre olores, texturas e sabores dos destinos enogastronómicos máis punteiros de España, Portugal e Iberoamérica.

Xantar ofrece cinco días de intensa actividade orientados tanto a profesionais como a afeccionados. Showcookings de cociña en directo cos mellores chefs, catas comentadas, maridaxes, degustacións, conferencias de expertos, presentacións de produtos innovadores…

Outro ano máis, a sección de Turismo da Deputación da Coruña aposta polo posicionamento nacional e internacional da gastronomía de cada un dos xeodestinos de terra e mar neste afamado evento. Tanto na degustación no standcomo nas aulas habilitadas para showcooking, presentarase –Vimianzo  cos pinchos irmandiños, Mazaricos co bolo do pote, Carballo co pan e a empanada, Mugardos co seu polbo á mugardesa, Rois tamén con polbo, A Capela co requeixo, Oroso coa troita e o xeodestino de Muros e Noia con conservas, tortilla romana e ceviche de raia–.

Máis información da programación en Facebook e Twitter.

Segue en directo cada actividade da feira nas historias de Instagram.

Galego