XIX Feira da Cebola Chata de Miño

O próximo domingo día 2 de agosto durante todo o día.
A Coruña e As Mariñas » Miño
02 Agosto
Miño

A XIX Feira da Cebola Chata de Miño celebrarase o próximo domingo día 2 de agosto,traendo consigo unha gran variedade de actividades e nun formato adaptado á nova realidade sanitaria. Música, teatro e gastronomía convivirán nunha xornada que comezará as 10h00 e se prolongará ata as 22h00.

Ao longo de todo o día, as persoas que acudan poderán coñecer a exposición “Materiais do mar e da terra” da Casa de Labranza A Calle por Ramiro Infante.

Será obrigatorio o uso de máscaras sanitarias e haberá xel desinfectante a disposición dos asistentes.