XIX Slalom

Proba puntuable para o Campionato Galego.
Terras de Santiago » Touro
11 Novembro
11:30

A competición, organizada pola Escudería Touro Motor, desenvolverase nun circuíto de asfalto polas propias rúas de Fonte Díaz. Durante a mañá terán lugar os adestramentos libres, estando previsto dar paso aos adestramentos oficiais a partir das 11.30 horas, para un mellor aproveitamento das horas con luz. Así, darase a saída á primeira das mangas ás 14.30 horas e a continuación á segunda das mangas oficiais.

A cita continuará coa publicación dos resultados e a entrega de premios, que xunto á atracción do número de pilotos que acoden á xa veterana proba, e o numeroso público que se espera, contribuirá ao desenvolvemento dunha auténtica xornada festiva do motor.

Galego