XIX Xornadas en homenaxe a Valle-Inclán


Esta iniciativa de dinamización cultural e de interese socio comunitario que promove o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, articúlase na celebración da efeméride do aniversario do nacemento do universal escritor e o centenario do seu establecemento no Casal da Mercé, en 1917.Trátase dunha iniciativa de ámbito galego na que estarán presentes actividades como teatro, monicreques, recitais, concertos, publicacións, ponencias, exposicións, etc, destinadas a públicos de todas as idades.
A súa axenda desenvolverase durante o mes de outubro, en especial os venres e sábados, grazas ao patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal. Contando coa colaboración de entidades como: Asociación Amigos de Valle-Inclán, ACAMFE, USC, Cátedra Valle-Inclán, Fundación Valle-Inclán, Entre Caricaturas, Asociación Gandaina, Caramiñas da Asociación Amas de Casa, Asociación Tanxedoira e todas as entidades valleinclanianas de Galicia.
Para este sábado, 14 de outubro está programada unha coferencia da man de Antonio Glez Millán e Xaquín del Valle-Inclán Alsina baixo o nome de "Voces da cultura", que terá lugar no auditorio do museo ás 20:30 h.