Xornadas culturais “Do Camiño Vivido´19”

A segunda edición “Do Camiño Vivido´19”comeza no concello de Ordes os días 12 e 13 de abril, coas actuacións da artista María Marticorena e a compañía de danza contemporánea Pisando Ovos.
Estas xornadas culturais, que van discorrer por cinco concellos, invitan a vivir unha experiencia proactiva do público cos artistas. A interpretación “Heiche de tocas as cunchas” de María Marticorena, que terá lugar ás 10 o 12 abril na Alameda de Ordes, trasladándose se chove ao museo do traxe. Esta actuación trátase dunha peza de intervención artística e perfomance colaborativa que nos mergullará nun mundo sobrenatural e máxico para achegarnos o por qué do uso das vieiras na peregrinación Xacobea.
O seguinte día, 13 de abril, na Alameda ás 20 o encargado de amenizar a concorrencia será a compañía Pisando Ovos dirixida por Ruth Balvís en compaña do DJ Jas Processor. A súa proposta, “Give it a Spin” que mestura danza contemporánea e música, trata dun diálogo entre un DJ e unha bailarina centrada no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son.
Se o día mostra a súa cara mais tempestuosa o espectáculo realizarase na Casa da Cultura.