Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán


As Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán son promovidas polo Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal; Trátase dunha iniciativa para a dinamización e a promoción da cultura.
A oferta inclúe unha sorte de actividades arredor do diálogo entre as artes e as letras, fomentando o coñecemento sobre o xenio e a figura valleinclanescos e a Galicia. Estes actos son de balde e de acceso libre ata completar aforo e, en xeral, orientados a tódolos públicos ainda que algúns tamén exclusivamente pensados para escolares.
O programa de actos de 2018 inclúe en especial:
- Exposición de ilustracións, obras creadas polo artista barbancés Domingo Regueira
- Degustación de delicatessen literarias, produtos de gastronomía valleinclanesca
- Visita guiada: "Santiago de Compostela, rosa mística de pedra"
- Conferencia arredor dos pazos galegos por Juan Manuel Monterroso, profesor titular da USC
- Presentación de Cuadrante (números de 2018), revista de estudos valleinclanescos e arousáns
- Recital multidisciplinar de poesía, música e imaxe, polo grupo Ouriol (coa voz de Eva Veiga)
- Escena, con "Galicia e Valle-Inclán", de Castelao e ficcións galegas de Valle-Inclán, polo Teatro Airiños de Rianxo (dir. Esther Carrodeguas)
- Visita guiada: "A Pobra do Caramiñal, ruta biográfica e literaria de Valle-Inclán".
- Teatro escolar, con A marquesa Rosalinda. Farsa sentimental e grotesca, de Valle-Inclán, por Títeres Cachirulo (dir. Jorge Rey). Por primeira vez representada en galego
- Presentación de importantes manuscritos inéditos do literato, por Xaquín del Valle-Inclán Alsina
- Concerto de música de autor, “Cantares galegos”, por Manoele de Felisa
- Ofrenda cívica ante o monumento a D. Ramón no Cantón da Leña, seguida de pasarrúas pola vila
- Espectáculo de teatro, música e audiovisual, "Homenaxe popular a Valle-Inclán", coa participación de Bradomín Teatro, Aula de gaita e percusión tradicional A Gandaina, Escola de baile e pandeireta Caramiñas da Asoc. Amas de Casa, Lumieira e Tanxedoira, Cris Román e Barahunda.
Sumados 20 anos desta convocatoria anual, xa todo un referente para o outono cultural nas Terras da Arousa e temporalmente nas de Compostela, A Pobra convidavos a participar activamente e asistir como público.