XVI Festa do Percebe de Cedeira
A Festa do Percebe de Cedeira xa ten cartel para este ano. Organizada pola Confraría de Pescadores de Cedeira, coa colaboración do Concello de Cedeira e enmarcada dentro do proxecto "O Sentir Mariñeiro", esta XVI edición desenvolverase os días 29 e 30 de xullo.

Ferrolterra e Eume » Cedeira
29 Xullo
A Festa do Percebe de Cedeira xa ten cartel para este ano. Organizada pola Confraría de Pescadores de Cedeira, coa colaboración do Concello de Cedeira e enmarcada dentro do proxecto "O Sentir Mariñeiro", esta XVI edición desenvolverase os días 29 e 30 de xullo, cun prólogo o día 28 no que se realizará a tradicional xornada de pesca infantil no porto pesqueiro. Durante os días propios da festa serviranse racións de percebe, polbo, empanada... na carpa situada no porto pesqueiro, acompañadas polo ambiente máis festeiro con inchables acuáticos na praia da Area Longa, música, xornadas informativas sobre o traballo de captura dos percebes no museo Mares de Cedeira...
Para anotar na axenda!
Galego