XVIII Mercado Medieval Costa da Morte (Corcubión)

Do 20 ao 22 de xullo as rúas de Corcubión regresarán á Idade Media con diferentes actividades para grandes e pequenos
Costa da Morte » Corcubión
20 Xullo a 22 Xullo

Corcubión, un ano máis, celebrará o Mercado Medieval Costa da Morte do 20 ao 22 de xullo.

Nesta décimo oitava celebración todos aqueles que se acheguen o fin de semana a Corcubión poderán retornar á Idade Media e gozar dunha ampla variedade de actividades (pasarrúas, exhibicións de maxia, cetraría, actuacións musicais, talleres de oficios e animais, zoco árabe, xogos de mesa, xogos musicais, atraccións ecolóxicas, entre outras). Ademais disporase de postos de artesanía e gastronomía situados polas diferentes rúas do Corcubión medieval.

Os máis pequenos tamén contarán cun recuncho infantil situado no Campo do Rollo (parque infantil), no que poderán participar en diversas actividades tales como taller de escudos heráldicos, acuñación de moedas, maxia malabar, pintacaras ou nunha escola de Pequenos Cabaleiros.

Paralelamente a este evento, contarase coa popular representación do desembarco das tropas de Rodrigo de Luna en Corcubión en 1457 y el Torneo Medieval. A representación do desembarco será o venres 20 de julio a las 22:30h na praia de Quenxe, mentres que el Torneo Medieval celebrarase o sábado 21 de xullo as 19:00h na praia do centro do pobo de Corcubión.

Máis información do programa aquí.

Galego