XXIII Asalto ao Castelo de Vimianzo

O Asalto ao Castelo de Vimianzo non é unha festa histórica. É unha celebración moi singular na que se mestura a actualidade cos ideais de rebelión e loita das revoltas irmandiñas do século XV. Con todo, o medievo respírase desde o seu castelo ás rúas da vila, con ambientación, animación musical, teatro, feira de artesanía, diferentes actividades e o certame gastronómico dos Pinchos Irmandiños, desde o martes ata o sábado.
No día do sábado concéntrase toda a acción, coa apertura da feira artesanal, o Asaltiño para os nenos, a historia dramatizada do castelo, o desfile das Irmandades Parroquiais e a noite de concertos, onde actuarán Ialma, Inmaculate Fools, Amparanoia e Terbutalina. Na medianoite ten lugar o gran momento do Asalto, a representación nocturna na que se toma o castelo no medio dun máxico desfile de tambores e fachos.
Accede a todo o programa aquí.