XXIV Alfaroleiros

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 1 e 5 de agosto, a XXIV edición de Alfaroleiros.
Alfaroleiros
As Mariñas » Oleiros
01 Agosto a 05 Agosto

A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos.

O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:30 horas. Ademais, o alumnado do obradoiro municipal de olería tamén expoñerá durante a mostra os seus mellores traballos.

Agárdase que un ano máis sexan centos de  persoas as que visiten Santa Cruz con motivo desta feira, que ademais ofrece unha ampla programación de actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos, que supoñen un importante reclamo. Máis información en www.oleiros.org

Galego