XXIX Feira do Mel "O froito do bo facer"


O vindeiro domingo 4 de novembro terá lugar unha nova edición da Feira do Mel nas inmediacións do Mercado Municipal de Perillo. Unha selección dos mellores apicultores galegos e españois virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. Esta feira, única en toda Galicia, pretende apoiar un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización dos procesos productivos alimentarios e, nos últimos anos, tamén da avespa velutina.
A XXIX Feira do Mel contará con máis de 30 postos de venda e exposición. As persoas que se acheguen poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata os cosméticos.
O recinto abrirá as súas portas ás 10:00 horas e pechará contra as 21:00 horas. A carpa na que se realiza o evento acollerá as actuacións de Semente Nova de Perillo, a Marola de Mera e a Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros. Pola tarde, a partir das 16:30 h, realizaranse actividades de animación infantil dirixidas aos máis cativos. Para pechar haberá música, coa orquestra Israel e magosto e queimada gratuíta para todas as persoas asistentes.
Máis info aquí.