XXVI Feira de Olería ALFAROLEIROS


Un ano máis celébrase a tradicional Feira de Olería ALFAROLEIROS.
Nesta situación que nos toca vivir, o Concello de Oleiros segue apostando pola arte e a cultura coa finalidade de axudar a estes sectores que tanto están a sufrir os embates da pandemia.
A feira terá lugar entre o 5 e o 9 de agosto no parque Luís Seoane e paralelamente ofrecerase unha ampla programación de actividades culturais e de ocio dirixidas a todos os públicos.
Atendendo ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, tanto na feira como nas actividades que se leven a cabo, será obrigatorio manter a distancia de seguridade, asistir con máscara así como atender a todas as indicacións e normas que garantiran a seguridade das persoas asistentes.
Máis información en www.oleiros.org