XXVII edición de Alfaroleiros
O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 4 e 8 de agosto, a XXVII edición de Alfaroleiros.


As Mariñas » Oleiros
04 Agosto a 08 Agosto
A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:00 horas.
Paralelamente á feira, o Concello organiza numerosos espectáculos e actividades gratuítas. En todos os casos a capacidade estará controlada, será obrigatorio gardar a distancia de seguridade e o uso de máscara para maiores de 6 anos, así como cumprir as normas e respectar as indicacións da organización.
Máis información en www.oleiros.org
Galego