XXVII Feira das Fabas

Cartel "Feira das Fabas"
Programa "Feira das Fabas"
Costa da Morte » Ponteceso
28 Outubro
08:00

Como cada última fin de semana de outubro o Concello de Ponteceso invítanos a achegarnos á Feira das Fabas, un dos encontros gastronómicos máis relevantes e lonxevos da comarca, sendo este ano a súa vixésimo sétima edición.

O seu día grande será o sábado 28 de outubro, onde xa dende as 8:00 comezará a preparación da fabada e a apertura da exposición e venda de produtos da terra, no campo da feira de Trabe. Ademais de degustación de fabada e castañas asadas, tamén haberá exhibicións de tallas con motoserra e actuacións musicais.

O domingo 29 a actividade trasladarase aos establecementos hosteleiros de Ponteceso, onde se poderán degustar tapas entre as 12:30 e as 15:00 horas, que terán as fabas como ingrediente estrela.

Galego