XXXI Feira do Mel
O domingo 8 de novembro celebrarase a XXXI edición da Feira do Mel

As Mariñas » Oleiros
08 Novembro
10:00
O vindeiro domingo 8 de novembro, en horario de 10 a 15 horas, celebrarase a XXXI edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República. Unha selección dos mellores apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. As persoas que se acheguen poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata os cosméticos.
Debido á situación sanitaria controlarase o acceso e regularase o número de asistentes, haberá unha zona de entrada no recinto e outra de saída e crearase un único sentido de circulación polos postos, que estarán debidamente separados.
Galego