XXXI Feira do Mel e V Feira da Mazá en Ortigueira

Como vén sendo tradición dende hai 31 anos, Ortigueira celebra a primeiros de novembro a festa do seu produto estrela, o mel, ao cal se uniu nos últimos cinco a mazá.
A xornada, que se desenvolverá o día 9, dará comezo ás 10 da mañá coa inauguración da feira, na que se poderán adquirir mel, froitos, produtos km. 0, artesanía e maquinaria agrícola.
Á unha da tarde farase entrega dos diplomas aos alumnos dos CEIPS José María Lage, de Ortigueira, e Manuel Fraga Iribarne, de Cariño, que participaron na elaboración do cartaz desta edición.
As actividades matinais estarán animadas con música.
Pola tarde, a partir das catro, continuaremos con un obradoiro de extracción de mel.
O colectivo "Ortigueira entre fogones" colabora ofrecendo unha degustación de produtos elaborados con mel e mazá, que terá lugar ás 17:15 h. no Mercado Municipal.
Para empezar a despedir a xornada, o Meigo da Noite Meiga do Barqueiro fará unha queimada ás sete da tarde.
Os máis pequenos poderán disfrutar de animación infantil e obradoiros ao longo do día.
Ademais, como é costume, sortearanse varias cestas de produtos entre todos aqueles que merquen na feira.