Máis de 30 tipos de cervexa poderanse degustar na Cervefeira Artesá de Sada
Outubro
2ª fin de semana
As Mariñas » Sada
Festas gastronómicas
Sada
A concellería de Promoción Económica e Turismo, organiza o evento que terá lugar en outubro na carpa instalada detrás do edificio da Terraza.
Música, xogos tradicionais, exhibición de fútbol gaélico e sorteo de agasallos animan as edicións da Cervefeira que conta coa presenza de varias marcas galegas de cervexa artesá incluídas as dúas sadenses de referencia, Bandua e Artabria.