Exaltación do Marisco da Ría

A colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación de Veciños e Veciñas Altea de Xuvia fan posible a organización desta xornada para promocionar os produtos da ría de Ferrol
Xullo
2º domingo
Ferrolterra e Eume » Narón
Festas gastronómicas
Xuvia
Produto: 
Marisco
Ano primeira edición: 
2002

A festa de exaltación do marisco da ría de Xuvia, ofrece a oportunidade de gozar do marisco da ría de Ferrol cun menú a base de sopa de peixe, ameixas á mariñeira, pescada, postre e café.

A colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación de Veciños e Veciñas Altea de Xuvia fan posible a organización desta xornada.

O evento lévase a cabo baixo unha carpa instalada no paseo marítimo de Xuvia, converténdose nunha das citas imprescindibles no calendario gastronómico do verán na comarca de Ferrolterra.