A Feira do Grelo no Val do Xestoso, no concello de Monfero, celébrase cada ano o domingo anterior ao entroido.
Marzo
Marzo/Abril - Domingo anterior á Entroido
Ferrolterra e Eume » Monfero
Festas gastronómicas
O Val do Xestoso / O Canedo
A parroquia monferesa do Val de Xestoso acolle desde o ano 2.000 unha cita a non perder polos amantes desta verdura típica da nosa gastronomía.
Os grelos de Monfero, de grande sona en toda a provincia, teñen nestas parroquias de montaña unha textura tenra e un sabor máis doce que os distinguen doutras zonas.
Esta xornada organizada pola Cooperativa do Val de Xestoso, reúne cada a ano a milleiros de visitantes que acoden a Xestoso para degustar e mercar este produto. A feira conta ademais con expositores doutros produtos locais, artesanía e mesmo unha feira de maquinaria agrícola.