Feira dos Fungos e Cogomelos

O Concello das Pontes acolle no mes de novembro a súa tradicional “Feira de Fungos e Cogomelos” cun amplo programa de actividades
01
Novembro
Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez
Festas gastronómicas
As Pontes de García Rodríguez
Produto: 
Cogomelos
Ano primeira edición: 
1991

O Concello das Pontes acolle no mes de novembro a súa tradicional “Feira de Fungos e Cogomelos” cun amplo programa de actividades que inclúen dende espectáculos musicais, exposicións a unha degustación gastronómica popular, que fai das Pontes o epicentro da gastronomía galega, cunha aposta pola calidade dun produto tan propio desta tempada como os cogomelos.

A xornada adicada aos cogomelos arranca co tradicional Certame de Cestas en Praza América, na que os concursantes optan a un bo número de premios.

A degustación popular ten lugar ao mediodía completando unha xornada máis que apetitosa.