A Feira Exaltación de Produtos da Zona, en Toques, ten como obxectivo a promoción dos productos autóctonos.
Novembro
1º sábado
Terras de Santiago » Toques
Festas gastronómicas
Toques
No mes de novembro, ten lugar nas inmediacións do Edificio Multiusos de Souto, este evento cultural e gastronómico de promoción dos productos autóctonos. Desde primeira hora da tarde as persoas visitantes poden contemplar os diversos produtos e obxectos que se distribuíron no interior da carpa instalada: os produtos da horta, os froitos das árbores da época do ano, os cestos, as setas e os productos silvestres, os doces e o mel; que veciños de forma particular e empresas de maneira altruista, ofrecen e instalaron para a celebración desta festa.
Ademáis, tamén se adica unha mesa de promoción dos roteiros de sendeirismo homologados
A feira ven acompañada polo Magosto Polular que todos os anos ten lugar en Toques.