Feira-Festa da Filloa da Pedra da Baña

A Feira-Festa da Filloa da Pedra celébrase na localidade da Baña no mes de marzo desde o ano 2004.
Marzo
2º domingo
Terras de Santiago » A Baña
Festas gastronómicas
San Vicenzo da Baña
Produto: 
Filloa
Ano primeira edición: 
2004

A localidade coruñesa da Baña celebra no mes de marzo a Feira-Festa da Filloa da Pedra para homenaxear unha tradicional forma de facer esta sobremesa típica galega. 

A feira conta ademais cunha exposición con degustación de filloas para todas as persoas que se acheguen a gozar destas xornadas. 

Nos últimos anos ampliouse a programación da feira cunha Ruta BTT da Filloa da Pedra e dispútase tamén un Campionato do tradicional xogo da Chave. 

A xornada contará con distintas actuacións musicais para públicos de todas as idades.