Festa da Empanada

O Campo da Feira de Bembibre acolle esta festa para recibir a primavera
Abril
1º luns
Terras de Santiago » Val do Dubra
Festas gastronómicas
Bembibre
Produto: 
Empanada

Veciñanza e visitantes poderán degustar neste evento racións de empanada de diversos sabores e preparacións. 

Nesta xornada lévase a cabo un torneo do xogo tradicional da chave así como talleres de distintos oficios tradicionais. 

Distintas agrupacións de música amenizan cada ano esta xornada lúdico gastronómica.