Festa da Fabada

A Festa da Fabada, que organiza a asociación cultural Queiroga levarase a cabo cada ano na localidade de Paiosaco (A Laracha).
Outubro
1º domingo
Costa da Morte » A Laracha
Festas gastronómicas
San Martiño / Lestón
Produto: 
Fabada
Ano primeira edición: 
2005

Esta cita gastronómica que organiza a asociación cultural Queiroga levarase a cabo cada ano na localidade de Paiosaco (A Laracha).
Na Festa da Fabada comezaranse a dar racións de fabada desde as oito da madrugada. 
A celebración coincide coa feira da localidade, unha das máis arraigadas da Costa da Morte.
Os gaiteiros de Queiroga percorrerán a feira durante toda a mañá e ata as tres ou catro da tarde iranse servindo racións, a prezos módicos.
A xornada gastronómica virá acompañada por distintas exhibicións de artesanía.