Festa da Filloa

A Festa da Filloa de Sada acolle o martes de entroido unha xornada adicada a este postre típico destas datas
Marzo
Marzo/Abril - Martes de Entroido
As Mariñas » Sada
Festas gastronómicas
Sada
Produto: 
Filloa
Ano primeira edición: 
1984

Desde o ano 1.984 a vila de Sada acolle unha xornada adicada ao postre máis típico e representativo das datas do entroido, onde a persoa visitante poderá degustar este produto a prezos populares.

A festa celebrada na explanada da Terraza, en pleno corazón da vila, está animada durante toda a xornada por distintos grupos musicais e agrupacións tradicionais.