Festa da Tortilla

A Festa da Tortilla de Doroña en Vilarmaior, ofrece ademais da degustación típica das festas gastronómicas unha ruta de sendeirismo para coñecer a contorna
Xuño
Ferrolterra e Eume » Vilarmaior
Festas gastronómicas
Doroña
Produto: 
Tortilla
Ano primeira edición: 
2013

Na mesma xornada que se celebra a Festa da Tortilla no campo da festa de Doroña, no Concello de Vilarmaior, as entidades organizadoras deste evento ofrecen unha andaina de 6 km. Márcase un itinerario para dar a coñecer o patrimonio deste concello e descubrir así novos lugares da contorna. 

Co xantar adóitase ofrecer ademais de tortilla, chourizos e empanada para completar o menú.