Festa da Tortilla Grande de Carcacía

A orixinal festa da Tortilla Xigante de Carcacía en Padrón, vénse celebrando desde o ano 1987
17
Maio
Días das Letras Galegas
Terras de Santiago » Padrón
Festas gastronómicas
Carcacía
Produto: 
Tortilla
Ano primeira edición: 
1987

A Festa da tortilla xigante, é seguramente unha das festas gastronómicas máis orixinais da comarca. A elaboración dun prato tan típico como a tortilla nun formato xigante, fixo que fose recoñecida como a máis grande do mundo no Libro Guinnes dos Records de 1988.

A tortilla é cociñada nunha tixola de enormes dimensións conseguindo unha tortilla de 3,5 metros de diámetro e 15 centímetros de espesor.

Ademais realízanse diferentes actividades como concertos, bailes tradicionais, actividades de turismo activo, talleres e manualidades para todos os públicos, xogos populares e exposicións das que poderá gozar todo aquel que se aproxime á festa.