A Festa da Troita de Sigüeiro acolle tamén un campionato de pesca sen morte para todo tipo de pescadores
Maio
2ª fin de semana
Terras de Santiago » Oroso
Festas gastronómicas
Sigüeiro
A Festa da Troita é algo máis que unha simple festa gastronómica, é tamén un evento deportivo onde se celebra un campionato de pesca sen morte para todo tipo de pescadores e tamén para os máis pequenos no río Carboeiro.
Tamén conta con actividades lúdicas e culturais para todos os públicos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2009, porque conxuga gastronomía, deporte, cultura, animación lúdica e verbena tradicional.