Festa do Bolo do Pote

O bolo feito con fariña de millo e recheo de cocido, pódese degustar na Picota a primeira fin de semana de marzo desde o ano 1999
Marzo
1ª fin de semana
Costa da Morte » Mazaricos
Festas gastronómicas
A Picota
Produto: 
Bolo do Pote
Ano primeira edición: 
1999

A Festa do Bolo do Pote, celebrada anualmente na Picota, capital de Mazaricos, é unha cita gastronómica de referencia na Costa da Morte. 

Con esta festa, a veciñanza recuperou un produto tradicional case perdido: bolos feitos con masa de fariña de millo e centeo acompañada de touciño e chourizo. 

Pasarrúas e distintos concertos acompañarán esta xornada na que se poderá degustar estes típicos bolos acompañados de cocido, tanto no campo da festa como nos distintos establecementos hostaleiros da localidade.