A Festa do Chourizo ao Viño en Ortoño, Ames ofrece unha degustación de chourizos ao viño con cachelos amenizada por actuacións musicais
Xullo
Entre o 5 e o 12
Terras de Santiago » Ames
Festas gastronómicas
Ortoño
A festa do chourizo ao viño celébrase no campo da festa de Ortoño. Desde as 12 do mediodía haberá degustación de chourizos ao viño con cachelos que estará amenizada por actuacións de música tradicional.
Pola tarde, haberá actividades para os máis cativos e celébrase ademais un campionato de chave a partir das seis da tarde.
A xornada terá o seu fin cunha festa a partir das oito da tarde.