Festa do Escalo

A Festa do Escalo de Vedra lévase a cabo ao carón do río Ulla, na área de recreo de Agronovo
Xullo
1ª quincena
Terras de Santiago » Vedra
Festas gastronómicas
Santa Cruz de Ribadulla
Produto: 
Escalo
Ano primeira edición: 
2000

Esta festa típica lévase a cabo ao carón do río Ulla, en Vedra, na área de recreo de Agronovo, unha zona de grande riqueza ambiental e paisaxística.
Paralelamente celébrase un concurso de pesca de escalo. A inscrición para este concurso adoita ser gratuíta e as persoas interesadas pódense inscribir o mesmo día no lugar do evento.
Ao longo da xornada haberá diversas actuacións  musicais e as persoas asistentes poderán degustar polbo, escalos, pementos, torreznos e pan de millo nos postos habilitados para a súa preparación.