A localidade coruñesa do Barqueiro (Mañón) celebra en decembro, a súa consolidada Festa do Marisco
Decembro
Dous días en función dos festivos da Ponte da Constitución
Ferrolterra e Eume » Mañón
Festas gastronómicas
O Barqueiro
A localidade coruñesa doBarqueiro (Mañón) celebra en decembro, a súa consolidada Festa do Marisco, unha cita gastronómica que suma xa máis de vinte edicións.
O programa festivo inaugúrase cun acto en honra aos pescadores e mariscadores falecidos cantado polo Coro Parroquial do Barqueiro, unha tradicion bonita que desata os sentimentos.
Esa mesma noite haberá festa e a música correrá a cargo dunha charanga.
Pero o día grande sen dúbida é o sábado, xornada festiva que arrinca o día coa Banda de Música percorrendo e enchendo de alegria as rúas da localidade. Posteriormente sobre as 13 horas continua coa lectura do pregón e a posterior degustación dos produtos do mar desta ría.