Festa do Pan

Carral é recoñecido pola excepcional calidade do seu pan, por isto cada ano, esta localidade festexa a súa tradicional Festa do Pan
Maio
En torno ao 10 de maio
As Mariñas » Carral
Festas gastronómicas
Carral
Produto: 
Pan
Ano primeira edición: 
2003

Carral é recoñecido pola excepcional calidade do seu pan. Máis de 20 panaderías manteñen unha antiga tradición, que producen de forma artesanal e tradicional un pan de miga esponxosa e codia crocante, ambos con sabor característico a trigo.

O pan de Carral, produto artesanal elaborado de forma tradicional alcanza importancia por distintos factores: pola calidade dos cereais cos que se elabora (que históricamente procedían dos fértiles chans do Val de Barcia que sempre deron produtos de gran calidade grazas á presenza do río e o seu clima) e a forma de elaboración do Pan. Aínda que tamén hai que resaltar a importancia da situación de Carral, entre cidades importantes onde a compra-venda de produtos agroalimentarios era maior.

En canto á forma de elaboración do Pan de Carral, de forma artesanal e tradicional, caracterizouse dende sempre por ser amasado de forma manual e con trigo do país ou con pouca mestura do de fóra. Tamén é importante que os cereais sexan moídos con pedras finas que dan unha fariña tamén fina e mesturada cun fermento que podía ser masa nai das anteriores fornadas ou unha propia que se facía con fariña de trigo. Neste proceso tamén é importante a cocción, que antigamente caracterizábase por realizarse en fornos de leña (familiares ou comunais) e que dan unha calidade especial ó pan.

O amasado e os fornos, afectados polos avances tecnolóxicos fixeron desaparecer os rústicos xeitos de facer o pan, pero, sustituíndoas por formas semellantes que fan conservar a calidade típica grazas ás habilidades e segredos dos panadeiros carraleses.

O coñecido como Pan de Carral é un “bolo de moño” ou *molete”. O Pan de Carral é dos de maior recoñecemento, tanto en Galicia como en moitas partes de España. De feito, a diario embarcan algunhas pezas de pan en avións que se dirixen a Madrid ou Barcelona, para que restaurantes de primeira calidade llo poidan ofrecer ós seus clientes.

A maior parte da produción distribúese polo municipio, na cidade da Coruña, e pola bisbarra das Mariñas.