Festa do Pemento do Couto

O Pemento do Couto, unha variedade autóctona de pemento moi semellante ao pemento de Padrón, é o protagonista desta festa gastronómica do Concello de Narón
Xullo
3º domingo
Ferrolterra e Eume » Narón
Festas gastronómicas
Narón
Produto: 
Pementos
Ano primeira edición: 
1999

En Narón disfrútase da cociña tradicional galega, recoñecida pola calidade dos seus produtos tanto carnes coma pescados e mariscos.

Destaca especialmente o Pemento do Couto, unha variedade autóctona de pemento moi semellante ao pemento de Padrón. A principal diferencia entre ambos é que o Pemento do Couto non é picante gracias á ausencia da capsaicina, o que lle da un sabor máis doce.

Trátase dun produto de producción limitada polo que a sua venda non é masiva no territorio nacional.

O Pemento do Couto conta dende o 23 de febreiro de 2010 co selo da indicación xeográfica protexida (IGP) da Unión Europea.

A finais do mes de xullo celébrase a tradicional feira de exaltación do produto, a festa do Pemento do Couto.