Festa do Percebe

Desde 1997, tódolos anos se vén celebrando en Aguiño unha das festas gastronómicas máis apetecibles do Barbanza, organizada pola Confraría de Pescadores de Aguiño
Xullo
4ª fin de semana
Ría de Arousa Norte » Ribeira
Festas gastronómicas
Aguiño
Produto: 
Percebe
Ano primeira edición: 
1997

Desde 1997, tódolos anos se vén celebrando en Aguiño unha das festas gastronómicas máis apetecibles do Barbanza. Un día da última semana do mes estival de xullo ten lugar a Festa do Percebe, aínda que o ano 2003, o evento pospúxose ata o 14 de Setembro por mor do suspenso da veda destes moluscos logo dos prexuízos ecolóxicos causados polo fuel verquido desde o petroleiro Prestige.

A iniciativa da Festa do Percebe partiu do sector pesqueiro da zona co ánimo de dar a coñece-lo producto. O percebe de Cedeira e de Roncudo tiña gran sona, e o producido aquí merecía o mesmo prestixio. Así, a Confraría de Pescadores de Aguiño organiza esta exaltación do preciado molusco.