A Festa do Polbo en Espasante celébrase na praia de San Antonio no mes de marzo
Marzo
Semana Santa. Venres e sábado Santo.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira
Festas gastronómicas
Espasante, Ortigueira
A Praia de San Antonio en Espasante, cunhas das vistas máis espectaculares da comarca de Ortegal, acolle a festa que homenaxea a este produto da ría de Ortigueira.
Nesta xornada pódese degustar o polbo cociñado cunha orixinal receita acompañada con fabas de Lourenzá ou nunha empanada feita de polbo e algas que farán do xantar un auténtico pracer.
Feira de artesanía, actuacións musicais e ocio infantil son algunhas das actividades que este evento ofrece á marxe do puramente gastronómico.