Festa do Polo Pedrosiano

Dentro deste evento lévase a cabo unha pequena ruta pola contorna de Orro, seguida da degustación do "Polo Pedrosiano"
Xullo
1ª quincena. Sábado
As Mariñas » Culleredo
Festas gastronómicas
Orro
Produto: 
Polo
Ano primeira edición: 
2011

A directiva da Agrupación Deportiva e Tempo Libre "A Pedrosa",  é a entidade encargada da organización da "Festa do polo Pedrosiano". Dentro deste evento lévase a cabo unha pequena ruta pola contorna de Orro, seguida da degustación do "Polo Pedrosiano". A xornada ten como final un baile con distintas actuacións musicais.

As racións que se repartirán durante a xornada están compostas por un polo picantón, pan e viño. Será de balde para os socios e socias da asociación e terá un prezo de 5€ para as persoas de fóra da asociación que queiran participar nesta xornada.