A Festa do Porco ao espeto, en Cabana de Bergantiños celébrase dentro das Festas de San Ramón na parroquia do Esto.
Setembro
1º venres
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
Festas gastronómicas
O Esto
O Porco ao Espeto é, sen dúbida, o gran atractivo das Festas de San Ramón, que se celebran na parroquia cabanesa do Esto.
A comisión organizadora, a Asociación Cultural de Festas do Esto puxo en marcha esta iniciativa gastronómica no Campo da Festa do Esto e cada ano énchese de comensais de toda a comarca.
A música xoga tamén un papel clave neste evento. Unha vez degustadas as racións, os comensais e o resto de visitantes poderán disfrutar dunha verbena.