A festa do Queixo de Arzúa, celebrada desde o ano 1.976, é sen dúbida, unha das festas gastronómicas de referencia da provincia da Coruña
Marzo
1ª fin de semana
Terras de Santiago » Arzúa
Festas gastronómicas
Arzúa
A Festa do Queixo é unha celebración de todos e todas onde o queixo é protagonista desde 1976.
Arzúa transfórmase nun espazo contemporáneo e multidisciplinar onde se reúnen arredor de 40.000 persoas. Un vieiro de acontecementos que aportan valor engadido cultural, didáctico e económico. Gastronomía, música, cultura, tradición e innovación mistúranse nesta festa que vai máis aló da gastronomía.
Un lugar aberto e pensado para todos os públicos.