Festa do Raxo

Durante esta Festa, a comisión reparte centos de racións desta saborosa carne
Xuño
1º sábado
Costa da Morte » Ponteceso
Festas gastronómicas
Brántuas / Monte do Faro
Produto: 
Raxo
Ano primeira edición: 
1994

As edicións da Festa do Raxo no Concello de Ponteceso comezan coa celebración da misa solemne en honor ao Sagrado Corazón de Xesús. A continuación hai actuacións de baile e música tradicional e a lectura do pregón antes da sesión vermú. 

Ao mediodía, comeza a degustación de Raxo, instalada no campo da festa, durante a cal a comisión reparte centos de racións desta saborosa carne.
Xa pola tarde organízase unha exposición equina á que seguirá a verbena.