A asociación de veciños e a asociación cultural e recreativa de San Xoán de Piñeiro, en Mugardos, celebra cada ano a súa Festa dos Callos
Agosto
2ª fin de semana. Sábado
Ferrolterra e Eume » Mugardos
Festas gastronómicas
San Xoán de Piñeiro
A asociación de veciños e a asociación cultural e recreativa de San Xoán de Piñeiro, en Mugardos, celebra cada ano a súa Festa dos Callos, na que se servirán decenas e decenas de racións da típica receita a «prezos populares».
A degustación comezará ás oito da tarde, pero xa desde as cinco haberá animación con xogos para nenos e nenas e unha exposición de artesanía e produtos galegos.