
A Deputación da Coruña colabora na organización deste evento coa Secretaría de Estado de Turismo (MINCOTUR), a Secretaría de Estado de Medio Ambiente (MITECO), a Asociación de Ecoturismo en España, a Xunta de Galicia e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A necesidade de loita contra o cambio climático está máis presente que nunca, por iso é polo que o ecoturismo avoga por seguir consolidando un cambio no actual modelo do sector turístico cara a produtos máis sostibles e comprometidos co planeta.
O Pazo de Mariñán, e os seus xardíns, acollerán aos congresistas durante os dous primeiros días deste evento que contará con ponencias de primeiro nivel e que contará con catro mesas centradas en: como organizar e impulsar o produto Ecoturismo en España e nas comunidades autónomas; ecoturismo na Red Natura 2000; normativa específica para o ecoturismo e ecoturismo perirurbán.
Do mesmo xeito, a Deputación, xunto cas restantes institucións que promoven o congreso, organizan un fam trip para operadores de turismo e axentes de viaxe especializados que coñecerán Mariñas Coruñesas de primeira man e participarán nunha mesa de contratación cunha selección de congresistas.
Especial protagonismo terán tamén os productos da Marca de Calidade Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e os cociñeiros/as locais certificados.