Continúan as festas na provincia

Contido recente

paula.cabado_135
salva.mateu@bol...
Coñece a provincia a través das súas festas.
xoves, 6 Xullo, 2023

Pasado o mes de xullo, agosto non queda atrás.

AGOSTO

Neste caso o pistoletazo de saída o dá a cidade da Coruña coas súas festas de Maria Pita durante todo o mes, con actividades para tódolos públicos entre as que destacan variadas actuacións musicais e o festival Noroeste EG. 

Entre os días 3 e 6 Buño celebra a súa Mostra de Olería tradicional, con exhibicións, exposicións e obradoiros. E o día 5 podes achegarte a Padrón para celebrar a festa de exaltación do seu produto estrela, os pementos de Herbón. 

A fin de semana do 11 ao 13 teñen lugar dous eventos musicais de gran arraigo nas súas contornas: o Rock in Cambre, con máis de 30 edicións, e, cun estílo de musica máis tradicional, a Carballeira de Zas, onde poderás disfrutar de folclore e baile nun espazo natural único.

Se no mes de xullo destacaban as celebracións entorno ao Apóstolo, agosto é o mes do San Roque, onde destacan as festas na súa honra con pasarúas, verbenas e actividades para toda a familia en Sada, Melide e Betanzos. No último municipio destacan as tradicións da romaría dos Caneiros e o Globo (lanzamento dun globo aerostático de papel), sendo estas algunhas das razóns que fai que sexa Festa de Interese Turístico Nacional.

Ao mesmo tempo celebranse as festas patronais en moitas outras vilas como son as de Laxe (14-17) e as de Santa Cruz en Oleiros (19-23). 

O Festival da Luz 2023 terá lugar entre do 25 ao 27 de agosto en Boimorto un festival musical e solidario para tóda a familia, que conta coa presenza de numerosos artistas do panorama actual. Ademais, unha vez alí, podes visitar o mercado de artesanía da Deputación e no que tamén hai ambiente musical e espazos de ocio infantil. 

Para despedir a estación calorosa achegate a Ferrolterra: as Festas do Verán de Ferrol na última semana do verán coas súas actividades e actuacións musicais ou o Pantín Classic Surf Pro do 26 de agosto ao 3 de setembro, onde ademais de competir os mellores surfistas do mundo, existe unha oferta gastronómica e de actividades moi variada.