EXPOSICIÓN NO FARO CABO VILÁN

Contido recente

A sala que xestiona a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas no faro Vilán acolle unha nova exposición.
Costa da Morte » Camariñas
venres, 28 Abril, 2023

Desde o día 3 de maio de 2023 a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresariose de Promoción turística de Camariñas no Faro Vilán acolle unha nova mostra do colectivo LUCET.

Na exposición colectiva de pintura e fotografía, preséntanse as obras de pintura das seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Ana Cancela Muras,Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín do Barrio, Dores Matogueira Gómez. E en fotografíase presenta a obra de Salvador Galbán Deus.

O que en Vilán pódese ver é unha nutrida representación da obra destes creadores, obra na que a luz e a sensibilidade aparecen como notas determinantes e fío condutor de todas elas, que, con disciplinas diversas, acuarelas, debuxos, gravado, fotografía e traballos en técnica mixta, representan motivos certamente variados, predominando as paisaxes mariñeiras de Galicia de gran impacto polo tratamento da luz e a cor.