Feiras, festas, rutas xeolóxicas e un castelo medieval: A oferta turística de Moeche para este verán

Contido recente

paula.cabado_135
salva.mateu@bol...
Un verán máis, o concello de Moeche presenta un programa para a época estival cargado de actividades.
Ferrolterra e Eume » Moeche
Calendario estival do concello de Moeche
martes, 16 Xullo, 2024

O Concello de Moeche inaugurou hai duas semanas o calendario de eventos deste verán: rutas xeolóxicas, feiras, roteiros guiados, exposicións, festas e verbenas encherán os meses de xullo, agosto e setembro dunha intensa actividade cultural e de lecer.

O Concello organizará directamente as feiras - como de costume - os roteiros guiados e andainas (que farán a pé a parroquia de Santa Cruz, a parroquia de Labacengos, o camiño entre os castelos de Moeche e Narahío e un pequeno percorrido pola historia da feira), as actividades propias do castelo e a piscina, que estará aberta na Área Recreativa de Soutogrande ata o 8 de setembro.

Ao mesmo tempo, o Concello colabora no traballo realizado polas entidades asociativas para levar a bo porto o IX Slálom “Concello de Moeche”, que terá lugar o 20 de xullo, e o Festival Irmandiño, que organiza a súa XLV edición para os días 16, 17 e 18 de agosto.

Como xa anunciamos estes días, as rutas xeolóxicas do Cobre, da Mina Piquito e do Toelo volven outro verán máis para descubrirnos a orixe e a natureza do noso patrimonio xeolóxico da man do Xeoparque Cabo Ortegal; comezan o luns 15 de xullo coa xeoruta en Piquito para a que aínda quedan prazas dispoñibles.

As inscricións na Andaina “Entre lusco e fusco”: poden facerse ata o mesmo 19 de xullo nas oficinas do departamento de Deportes; débese enviar un correo a daniel.feijoo@moeche.gal ou chamar ao 666 48 88 01.

As inscricións nos restantes roteiros guiados poden facerse enviando un correo a turismo@moeche.gal ou chamando ao 618 63 42 31 ou ao Concello- 981404006- mentres que as reservas nas rutas xeolóxicas deben facerse na páxina web do Xeoparque.