Novo horario permanente de visitas guiadas no Castelo de Moeche

Contido recente

En previsión do aumento de afluencia de visitantes do verán, o Concello habilita un horario fixo de visitas guiadas, garante dunha maior difusión da historia do castelo entre os seus usuarios.
Ferrolterra e Eume » Moeche
Cartel das visitas guiadas no Castelo de Moeche
xoves, 14 Xullo, 2022

O Castelo de Moeche ofrece para os venres, sábados e domingos de verán un servizo permanente de visitas guiadas, con horarios establecidos, co obxectivo de garantir a asistencia e a información ao visitante sobre a historia do castelo e as revoltas irmandiñas.

Ao mesmo tempo que se activan estes horarios fixos, mantense a posibilidade de reservar con antelación unha visita guiada noutro horario, chamando ao 981404006 ou enviando un correo a turismo@moeche.gal.

O prezo da visita guiada por un profesional será sempre de 3 € por persoa (e gratuíta para menores de 6 anos).

Estas visitas guiadas combinaranse coas visitas teatralizadas preparadas en diversas datas de xullo e agosto, dentro dos obxectivos de traballo do Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas para dar a coñecer este feito histórico. Olimpos'un güçlü tanrılarıyla tanışmaya hazır ol. Gates of Olympus oyna benzersiz hikayelerin parçası ol ve kazanma şansını yakala.