Como cada ano dende o 2016 a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas convoca unha nova edición de “O Encaixe no Camiño” é unha feira medieval, que recrea o desembarco de Alfonso IX en Camariñas e da dama italiana que segundo a lenda ensinou a palillar. Terá lugar os próximos 28, 29 e 30 de xullo e será a VII edición do evento.
Dende o 11 de xuño ata o domingo 23 de xullo ábrese o prazo de inscripción para todo aquel que queira ter un posto no mercado, que comezará o venres 28 de xullo as 5 da tarde. Poderán contactar no teléfono 647608158, 662488253 e no correo electrónico asociacionempresarioscamarinas@gmail.com para recibir máis información sobre a inscripción.
Do 28 ao 30 de xullo
Nos vindeiros días anunciarase o programa e cartel que este ano como novidade contará cun concerto de música en directo entre outras actividades.